Retribucións e dereitos laborais
Retribucións
Eliminación da conxelación salarial das nosas retribucións e recuperación do poder adquisitivo perdido.
Aboamento de oficio da paga extra do 2012 e recuperación do 100% do Complemento autonómico transitorio (CAT).
Ler máis...
Incapacidades - Enfermidades profesionais
Modificación do Decreto que regula as incapacidades temporais e aboamento do 100% das retribucións durante as baixas laborais. Como mínimo igual regulación que xuíces e fiscais.
Promoveremos o recoñecemento das enfermidades do traballo e a súa equiparación coas enfermidades profesionais.
Ler máis...
Substitucións - Comisións de servizo
Negociación dunha nova Orde que regule as substitucións e que garanta o cobramento do 100% das retribucións correspondentes ao corpo e órgano xudicial no que se realiza a substitución. A igual traballo, igual retribución.
Ler máis...
Quendas de Auxilios xudiciais
As quendas deberán ser retribuídas por atribución feita e serán utilizadas só para cubrir ausencias de, como máximo, 5 días..
Reivindicaremos a creación de prazas e auxilio xudicial nos servizos de apoio, co fin de cubrir as vacacións e ausencias dos compañeiros e compañeiras do corpo de Auxilio, cando non proceda o nomeamento de persoal interino.
Gardas - Xornadas en días non laborables
Gardas de 24 horas nos xulgados de instrución de Vigo e A Coruña. Redución das gardas de permanencia de 8 a 3 días para garantir horarios e tempos de descanso. Compensación cun día de libranza das xornadas de traballo realizadas en día non laborable ou das gardas de dispoñibilidade en caso de eleccións (xurisdición contenciosa) ou outras actuacións urxentes
Fiscalías
Os procesos de acoplamento derivados da implantación da nova oficina fiscal non poderán supor redución ningunha nas retribucións. Inclusión nos concursos ordinarios dos postos de libre designación. Renegociacion das RPT en función do aumento da carga de traballo. Ao igual que en calquera outro órgano xudicial, conversión dos reforzos en cadros de persoal estrutural.
IMELGA - Médicos forenses
Gardas de 24 horas. Recoñecemento de enfermidades profesionais. Complementos de nocturnidade, perigosidade, toxicidade e penosidade. Creación, con carácter permanente, de equipos psicosociais en todos os centros de traballo do IMELGA
Ler máis...
Interinas/os
Actualización anual das bolsas de interinos para avaliar os novos méritos que durante ese período poidan acreditar os integrantes das distintas bolsas.
Ler máis...
Formación
A axeitada formación dos empregados públicos é a base para ofrecer servizos de calidade ao cidadán, polo que a formación debe de ser un obxectivo estratéxico. Pero, en vez dunha repetición constante de modelos e programas, a formación esixe estar permanentemente atento ás necesidades e demandas do colectivo. Por iso, neste apartado distinguiríamos as seguintes categorías: Formación derivada da implantación de novos medios e tecnoloxías, actualización de coñecementos derivada da publicación de novas leis e cursos de reciclaxe e promoción.
A formación será previa ou simultánea á implantación das novas tecnoloxías ou publicación de novas leis
Ler máis...
Acción Social
Un dos dereitos fortemente afectados polos recortes da estafa-crise foron os programas de Acción Social. Solicitaremos a recuperación de todos os programas e o seu financiamento do 1% da masa salarial.
Postulación procesual e custas
Resulta absolutamente necesaria a modificación da Lei reguladora da xurisdición contencioso administrativa para eliminar a necesidade de postulación procesual a través de avogado e a imposición de custas en caso de desestimación da demanda.
Ler máis...
Saúde laboral e condicións de traballo
Saúde laboral - Edificios xudiciais
Promoveremos a posta en marcha de plans de emerxencia en todos os edificios xudiciais e a posta en marcha de plans de actuación en materia de prevención de riscos laborais e o seu cumprimento como forma de previr as enfermidades do traballo e as enfermidades e accidentes laborais.
Conciliación da vida familiar e laboral
Conciliación. Horario. Permisos
Defenderemos unha regulación de permisos encamiñada a unha verdadeira conciliación da vida persoal e familiar. Neste sentido propoñeremos:
- Eliminación das porcentaxes ríxidas de redución de xornada po razóns de garda legal.
-Posibilidade de acumular a redución en varias xornadas completas.
- Cobertura das horas non traballadas nin remuneradas nas reducións de xornada por prolongacións de xornada voluntarias dos compañeiros.
- Nos casos de enfermidade moi grave ou gran dependencia de persoa que conviva con funcionario, posibilidadde de realización de parte da xornada no domicilio sen reducción de haberes.
As prolongacións de xornada durante o verán e a xornada reducida consistirán en realizar media hora máis diaria en cómputo mensual.
Compensación por horas habilitadas. Defenderemos o dereito do traballador a compensar as horas habilitadas por días de libranza ou por flexibilización horaría á súa elección.
Emprego público e carreira profesional
Oposicións - Promoción interna
Convocatoria anual da oferta de emprego público, con inclusión de todas as prazas e reserva do 50% para promoción interna. Supresión do carácter selectivo do curso teórico-práctico.
En defensa do servizo público da Xustiza
Rexistro Civil
Continuaremos reivindicando e mobilizándonos para que o Rexistro Civil, público, gratuíto e electrónico, se manteña dentro da administración de Xustiza e atendido por funcionarios de Xustiza, como uhna garantía de imparcialidade, profesionaldiade e proximidade á cidadanía.
Ler máis...
Xulgados de paz
A municipalización da xustiza de paz, como resultado da aplicación no seu momento da Lei de Planta, está a colocar a estes xulgados nunha situación moi difícil en canto a poder dispoñer dos medios materiais precisos para o desenvolvemento do seu traballo. Aínda hoxe son moitos os concellos que seguen sen facilitar aos xulgados de paz aqueles elementos mínimos e imprescindibles para o exercicio da súa función, por iso consideramos que a Xunta de Galicia debe de asumir, en colaboración cos concellos, o mantemento, en canto a medios materiais, dos devanditos xulgados
Nova Oficina Xudicial - Expediente electrónico
Sen prexuízo de negociar a posible implantación da Nova Oficina Xudicial, consideramos imprescindible que, con carácter previo, se dispoña dos medios necesarios, materiais, informáticos e persoais, para a implantación e funcionamento correcto do expediente xudicial electrónico
Creación de novas unidades xudiciais
Ante o colapso dos xulgados nalgunhas cidades e xurisdicións, especialmente na penal e social, resulta imprescindible a creación de novos xulgados. De forma inmediata deberían poñerse en funcionamento novos xulgados en Vilagarcía, A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo, entre outros, e que a crise-estafa parou.
Proporemos tamén a creación de oficinas xudiciais nos centros penitenciarios, como se ten feito noutras Comunidades (Aragón, Extremadura, ...) con resultados moi satisfactorios
Unidades administrativas - Arquivos - Expurgo
Posta en marcha das unidades administrativas e oficinas de arquivo e depósito de pezas de convicción. Creación de equipos de expurgo. Informatización dos arquivos
Ler máis...
Normalización lingüística
Instalación de programas informáticos para garantir o dereito de todo cidadán a usar nas súas relacións coa administración de Xustiza calquera dos idiomas cooficiais, galego ou castelán, dereito que na actualidade resulta ilusorio ao non se dispoñer nin de programas informáticos nin de formularios en galego.
Convocatoria inmediata de cursos online de linguaxe administrativa galega