AS NOSAS PROPOSTAS


A crise-estafa foi a escusa que utilizou o Goberno para criminalizar os funcionarios públicos e para empeorar as súas condicións de traballo. O noso obxectivo permanente será recuperar os dereitos roubados e avanzar na mellora das condicións laborais e retributivas do funcionariado da administración de Xustiza.

Retribucións e dereitos laborais

Retribucións

Eliminación da conxelación salarial das nosas retribucións e recuperación do poder adquisitivo perdido.

Aboamento de oficio da paga extra do 2012 e recuperación do 100% do Complemento autonómico transitorio (CAT).

Ler máis...



Incapacidades - Enfermidades profesionais

Modificación do Decreto que regula as incapacidades temporais e aboamento do 100% das retribucións durante as baixas laborais. Como mínimo igual regulación que xuíces e fiscais.

Promoveremos o recoñecemento das enfermidades do traballo e a súa equiparación coas enfermidades profesionais.

Ler máis...



Substitucións - Comisións de servizo

Negociación dunha nova Orde que regule as substitucións e que garanta o cobramento do 100% das retribucións correspondentes ao corpo e órgano xudicial no que se realiza a substitución. A igual traballo, igual retribución.

Ler máis...



Quendas de Auxilios xudiciais

As quendas deberán ser retribuídas por atribución feita e serán utilizadas só para cubrir ausencias de, como máximo, 5 días..

Reivindicaremos a creación de prazas e auxilio xudicial nos servizos de apoio, co fin de cubrir as vacacións e ausencias dos compañeiros e compañeiras do corpo de Auxilio, cando non proceda o nomeamento de persoal interino.



Gardas - Xornadas en días non laborables

Gardas de 24 horas nos xulgados de instrución de Vigo e A Coruña. Redución das gardas de permanencia de 8 a 3 días para garantir horarios e tempos de descanso. Compensación cun día de libranza das xornadas de traballo realizadas en día non laborable ou das gardas de dispoñibilidade en caso de eleccións (xurisdición contenciosa) ou outras actuacións urxentes



Fiscalías

Os procesos de acoplamento derivados da implantación da nova oficina fiscal non poderán supor redución ningunha nas retribucións. Inclusión nos concursos ordinarios dos postos de libre designación. Renegociacion das RPT en función do aumento da carga de traballo. Ao igual que en calquera outro órgano xudicial, conversión dos reforzos en cadros de persoal estrutural.



IMELGA - Médicos forenses

Gardas de 24 horas. Recoñecemento de enfermidades profesionais. Complementos de nocturnidade, perigosidade, toxicidade e penosidade. Creación, con carácter permanente, de equipos psicosociais en todos os centros de traballo do IMELGA

Ler máis...



Interinas/os

Actualización anual das bolsas de interinos para avaliar os novos méritos que durante ese período poidan acreditar os integrantes das distintas bolsas.

Ler máis...



Formación

A axeitada formación dos empregados públicos é a base para ofrecer servizos de calidade ao cidadán, polo que a formación debe de ser un obxectivo estratéxico. Pero, en vez dunha repetición constante de modelos e programas, a formación esixe estar permanentemente atento ás necesidades e demandas do colectivo. Por iso, neste apartado distinguiríamos as seguintes categorías: Formación derivada da implantación de novos medios e tecnoloxías, actualización de coñecementos derivada da publicación de novas leis e cursos de reciclaxe e promoción.

A formación será previa ou simultánea á implantación das novas tecnoloxías ou publicación de novas leis

Ler máis...



Acción Social

Un dos dereitos fortemente afectados polos recortes da estafa-crise foron os programas de Acción Social. Solicitaremos a recuperación de todos os programas e o seu financiamento do 1% da masa salarial.



Postulación procesual e custas

Resulta absolutamente necesaria a modificación da Lei reguladora da xurisdición contencioso administrativa para eliminar a necesidade de postulación procesual a través de avogado e a imposición de custas en caso de desestimación da demanda.

Ler máis...






Saúde laboral e condicións de traballo

Saúde laboral - Edificios xudiciais

Promoveremos a posta en marcha de plans de emerxencia en todos os edificios xudiciais e a posta en marcha de plans de actuación en materia de prevención de riscos laborais e o seu cumprimento como forma de previr as enfermidades do traballo e as enfermidades e accidentes laborais.






Conciliación da vida familiar e laboral

Conciliación. Horario. Permisos

Defenderemos unha regulación de permisos encamiñada a unha verdadeira conciliación da vida persoal e familiar. Neste sentido propoñeremos:
- Eliminación das porcentaxes ríxidas de redución de xornada po razóns de garda legal.
-Posibilidade de acumular a redución en varias xornadas completas.
- Cobertura das horas non traballadas nin remuneradas nas reducións de xornada por prolongacións de xornada voluntarias dos compañeiros.
- Nos casos de enfermidade moi grave ou gran dependencia de persoa que conviva con funcionario, posibilidadde de realización de parte da xornada no domicilio sen reducción de haberes.

As prolongacións de xornada durante o verán e a xornada reducida consistirán en realizar media hora máis diaria en cómputo mensual.

Compensación por horas habilitadas. Defenderemos o dereito do traballador a compensar as horas habilitadas por días de libranza ou por flexibilización horaría á súa elección.






Emprego público e carreira profesional

Oposicións - Promoción interna

Convocatoria anual da oferta de emprego público, con inclusión de todas as prazas e reserva do 50% para promoción interna. Supresión do carácter selectivo do curso teórico-práctico.






En defensa do servizo público da Xustiza

Rexistro Civil

Continuaremos reivindicando e mobilizándonos para que o Rexistro Civil, público, gratuíto e electrónico, se manteña dentro da administración de Xustiza e atendido por funcionarios de Xustiza, como uhna garantía de imparcialidade, profesionaldiade e proximidade á cidadanía.

Ler máis...



Xulgados de paz

A municipalización da xustiza de paz, como resultado da aplicación no seu momento da Lei de Planta, está a colocar a estes xulgados nunha situación moi difícil en canto a poder dispoñer dos medios materiais precisos para o desenvolvemento do seu traballo. Aínda hoxe son moitos os concellos que seguen sen facilitar aos xulgados de paz aqueles elementos mínimos e imprescindibles para o exercicio da súa función, por iso consideramos que a Xunta de Galicia debe de asumir, en colaboración cos concellos, o mantemento, en canto a medios materiais, dos devanditos xulgados



Nova Oficina Xudicial - Expediente electrónico

Sen prexuízo de negociar a posible implantación da Nova Oficina Xudicial, consideramos imprescindible que, con carácter previo, se dispoña dos medios necesarios, materiais, informáticos e persoais, para a implantación e funcionamento correcto do expediente xudicial electrónico



Creación de novas unidades xudiciais

Ante o colapso dos xulgados nalgunhas cidades e xurisdicións, especialmente na penal e social, resulta imprescindible a creación de novos xulgados. De forma inmediata deberían poñerse en funcionamento novos xulgados en Vilagarcía, A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo, entre outros, e que a crise-estafa parou.

Proporemos tamén a creación de oficinas xudiciais nos centros penitenciarios, como se ten feito noutras Comunidades (Aragón, Extremadura, ...) con resultados moi satisfactorios



Unidades administrativas - Arquivos - Expurgo

Posta en marcha das unidades administrativas e oficinas de arquivo e depósito de pezas de convicción. Creación de equipos de expurgo. Informatización dos arquivos

Ler máis...



Normalización lingüística

Instalación de programas informáticos para garantir o dereito de todo cidadán a usar nas súas relacións coa administración de Xustiza calquera dos idiomas cooficiais, galego ou castelán, dereito que na actualidade resulta ilusorio ao non se dispoñer nin de programas informáticos nin de formularios en galego.

Convocatoria inmediata de cursos online de linguaxe administrativa galega














OS NOSOS COMPROMISOS


A elección como delegadas e delegados supón a asunción dun compromiso con todos os compañeiros non só de representación nas Xuntas de Persoal e nas Mesas de Negociación, senón tamén de información, asesoramento, consulta e defensa

Información e transparencia

As delegadas e os delegados de Alternativas asumimos o compromiso de dar conta periodicamente, a través de asembleas ou de visitas aos centros, da nosa xestión e, se é o caso, do desenvolvemento das negociacións.




Participación e democracia

As delegadas e os delegados de Alterntivas asumimos o compromiso de convocar asembleas consultivas para recoller a opinión dos compañeiros antes de asinar calquera acordo coa Administración e potenciaremos os mecanismos de participación na toma de decisións a través das consultas e referendos, con pleno acatamento do seu resultado.



Negociacións e acordos claros e transparentes

As delegadas e os delegados de Alternativas asumimos o compromiso de actuar con total transparencia nas negociacións e esixiremos a máxima publicidade dos acordos que se alcancen nas mesas de negociación.




Revogabilidade dos cargos

As delegados e os delegados de Alternativas asumimos que os nosos mandatos representativos poderán ser revogados a instancia da maioría dos compañeiros en caso de incumprimento das nosas obrigas e compromisos.











CANDIDATURAS



A Coruña

Preme na imaxe para ampliar



1. MIGUEL A. FERREIRO VAZQUEZ

Rexistro Civil – A Coruña

2. J. JAIME MEILÁN ROIS

Xdo. Contencioso nº 2 – A Coruña

3. ANA GÁLVEZ MARQUINA

Oficina de atención ao cidadán e á vítima – Santiago

4. MARÍA JESUS OTERO RODRÍGUEZ

Xdo. 1ª Instancia nº 10. Familia – A Coruña




5. MARÍA DEL CARMEN GÓNZALEZ ABADÍN

Rexistro Civil – A Coruña

6. Mª BEGOÑA BRAÑAS ABRAIRA

Xdo. Penal nº 6 – A Coruña

7. SOCORRO BERMÚDEZ GONZÁLEZ

Rexistro Civil – A Coruña

8. MANUEL A. LOSADA DÍAZ

Xdo. de Paz - Fene

9. M. CARMEN RODRÍGUEZ RÍOS

Xdo. Penal nº 5 – A Coruña

10. MIGUEL RODRÍGUEZ VENTÍN

Xdo. de Paz da Baña

11. MARGARITA Mª. SANZ MARCOS

Rexistro Civil – A Coruña

12. AGUSTÍN FERNÁNDEZ SOBRINO

Xdo. Penal nº 4 – A Coruña

13. JAVIER FERNÁNDEZ CASTRO

Xdo. Penal nº 6 – A Coruña

14. ÓSCAR AMOR LÓPEZ

Xdo. Penal nº 4 – A Coruña

15. ROSA SUEIRO MORENO

Xdo. Mixto - Negreira

16. MANUELA MUÑOZ PALACIOS

Rexistro Civil – A Coruña

17. MARÍA CARTELLE VICENTE

Xdo. Penal nº 1 - Santiago

18. ESPERANZA BALBOA GALLEGO

Rexistro Civil – A Coruña

19. SONIA Mª SEXTO VIQUEIRA

Fiscalía – A Coruña

20. MARÍA JOSÉ LÓPEZ ANSEDE

Xdo. Instrución nº 1 – A Coruña

21. JOSÉ M. GONZÁLEZ IGLESIAS

Xdo. Instrución nº 5 – A Coruña

22. JUAN JESÚS DOMÍNGUEZ ALONSO

Rexistro Civil – A Coruña

23. TERESA DANOZ GONZALEZ

Xdo. Penal nº 5 – A Coruña

24. ISABEL ALBALADEJO HERNÁNDEZ

Decanato – A Coruña

25. MANUEL NÚÑEZ EXPOSITO

Xdo. Penal nº 4 - A Coruña

26. ETELVINO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

Rexistro Civil – A Coruña

27. Mª FLOR RODRÍGUEZ ABUÍN

Xdo. Mixto nº 3 - Ribeira

28. HELENA PINTO BLANCO

Xdo. Violencia sobre a muller – A Coruña

29. Mª DEL ROSARIO GARCÍA VILLAGRÁ

Rexistro Civil – A Coruña

30. JUAN BONIGNO PAIS

Xdo. 1ª Instancia nº 2 – A Coruña

31. ROSA Mª BOUZAS REY

Xdo. 1ª Instancia nº 2 – A Coruña








Ourense

Preme na imaxe para ampliar



1. NURIA FORNOS FERNÁNDEZ

Xdo. Penal nº 1 - Ourense

2. FLORES ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ

Xdo. 1ª Instancia nº 5 - Ourense

3. Mª PLACER LÓPEZ ANTÚNEZ

Xdo. Mixto - Celanova

4. JOSEFA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ

Xdo. Mixto nº 1 – O Carballiño




5. PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Xdo. Instrución nº 1 - Ourense

6. Mª DEL MAR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

Xdo. Instrución nº 3 - Ourense

7. Mª DOLORES TRIGO CASAL

Xdo. 1ª Instancia nº 2 - Ourense

8. Mª AMPARO CASTEDO FERNÁNDEZ

Xdo. Mixto nº 2 – O Barco de Valdeorras

9. MARTA NOVOA PARDO

Xdo. Mixto nº 1 – O Carballiño

10. AMADEO SELAS VILLANUEVA

Xdo. Mixto nº 2 – O Barco de Valdeorras

11. MARÍA CASAS CERDEIRA

Xdo. Mixto nº 2 – O Carballiño

12. JUSTO MANUEL VILA MOVILLA

Xdo. Instrución nº 1 - Ourense










Lugo

Preme na imaxe



1. FRANCISCO JOSÉ FRANCO MANSO

Decanato - Lugo

2. MARÍA DEL CARMEN ISASI VARELA

Xdo. Social nº 1 - Lugo

3. JOSÉ LUIS CEREIJO ROCA

Xdo. 1ª Instancia nº 2 - Lugo

4. ÓSCAR ANTONIO RODRÍGUEZ GARCÍA

Xdo. 1º Instancia nº 2 - Lugo




5. MARÍA JOSEFA RODRÍGUEZ DÍAZ

Xdo. de Paz - Begonte

6. JUANA MARÍA LÓPEZ GÓMEZ

IMELGA - Lugo

7. JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ CARBALLEDA

Xdo. Mixto nº 2 - Monforte

8. ANTONIO RAMOS SOTO

Xdo. de Paz - Burela

9. ÁNGELA PAMPÍN VÁZQUEZ

Decanato. Serv. Com. Noti. e Emb. - Lugo

10. JOSÉ RAFAEL BRAÑA BLANCO

Xdo. de Paz - Burela

11. MARÍA CRISTINA FORNEAS DÍAZ

Xdo. 1ª Instancia nº 2 - Lugo

12. MARÍA JOSEFA BESTEIRO ARES

Xdo. Social nº 2 - Lugo

13. MARÍA ENCARNACIÓN LAGARÓN RON

Xd. 1ª Instancia nº 2 - Lugo

14. BEGOÑA IGLESIAS ARES

Rexistro Civil - Lugo








Pontevedra

Preme na imaxe para ampliar



1. PABLO VALEIRAS RÍOS

Xdo. Instrución nº 8 - Vigo

2. LOLA FILGUEIRA FARTO

Xdo. Social nº 1 - Pontevedra

3. MARÍA MERCEDES VÁZQUEZ PIÑEIRO

Decanato. Atención cidadán e vítima - Vigo

4. ANTONIO OBENZA IGLESIAS

Decanato - Ponteareas




5. MARGARITA LARRAMENDI HERMIDA

Xdo. Mixto nº 1 - Tui

6. MARTA GIL FURELOS

Xdo. 1ª Instancia nº 9 – Vigo

7. CARMEN VILAR COUSIÑO

Xdo. Penal nº 1 - Vigo

8. JAIME FERNÁNDEZ MOURE

Xdo. Social nº 5 - Vigo

9. MARTA GONZÁLEZ RAMILO

Xdo. Penal nº 1 - Vigo

10. AMADEO LOPEZ COBAS

Xdo. Instrución nº 7 - Vigo

11. OLGA CORTÉS FONTÁN

Xdo. Mercantil nº 2 – Pontevedra

12. MARIOLA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

Xdo. Social nº 2 - Pontevedra

13. ANA ANTEPAZO FERRAL

Xdo. Mixto nº 2 - Cangas

14. ANA MARÍA ÁLVAREZ MONTEAGUDO

Xdo. Mixto nº 2 – Caldas de Reis

15. CRISTINA DIOS GUILLÉN

Xdo. Contencioso nº 1 - Vigo

16. BELÉN COLLAZO PARADA

Xdo. Instrución nº 8 - Vigo

17. MARÍA ROSARIO DE BLAS MESÓN

Xdo. Mixto nº 2 - Vilagarcía

18. BEGOÑA IGLESIAS SOTELO

Xdo. 1ª Instancia nº 13 – Vigo

19. RAFAEL ALDEANUEVA POTEL

Servizo Común Notificacións e Embargos - Pontevedra

20. LUCIANA ÁLVAREZ DIÑEIRO

Xdo. de Paz – A Cañiza

21. MARÍA DOLORES ESTÉVEZ LAGO

Xdo. Mixto nº 1 - Cangas

22. BEGOÑA VÁZQUEZ PIÑEIRO

Rexistro Civil - Vigo

23. BEATRIZ COUTO GÓMEZ

Xdo. 1ª Instancia nº 2 - Vigo

24. DALILA TORRES PIÑEIRO

Rexistro Civil - Pontevedra

25. DORITA GALLEGO ESTÉVEZ

Xdo. Mixto nº 1 - Tui

26. ESTRELLA DEL PILAR GARRIDO ALONSO

Xdo. Mixto nº 1 - Porriño

27. ANTONIO VILA GONZÁLEZ

Xdo. Instrución nº 1 - Pontevedra

28. MARÍA ESTRELLA GONZÁLEZ PENEDO

Xdo. Mixto nº 2 - Lalín

29. MARÍA DOLORES POLA RODRÍGUEZ

Xdo. Mixto nº 3 - Cangas

30. CRISTINA RODRÍGUEZ SALGADO

Xdo. Mixto nº 1 - Vilagarcía

31. MARISOL GONZÁLEZ CONS

Aud. Prov. Sección 4ª - Pontevedra

32. ROSA M. VEIGA OGANDO

Xdo. Instrución nº 7 - Vigo

33. JUAN CARLOS PÉREZ IGLESIAS

Xdo. de Paz - Valga

34. MARÍA PAZ RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Xdo. Social nº 4 - Vigo

35. BEATRIZ DE BUSTO JORGE

Rexistro Civil - Vigo

36. MARÍA MERCEDES OBENZA IGLESIAS

Xdo. Mixto nº 2 - Marín

37. NURIA RODRÍGUEZ DÍAZ

Xdo. 1ª Instancia nº 5. Familia - Vigo

38. ROSA ELENA DOMÍNGUEZ GARCÍA-FUENTE

Xdo. de Paz – Salvaterra

39. MARÍA JESÚS FIJOO CID

Xdo. Social nº 3 – Vigo

40. MARÍA CRUZ RODRÍGUEZ RUÍZ

Xdo. Instrucción nº 3 – Vigo

41. MODESTA MARÍA RIAL VÁZQUEZ

Xdo. de Paz - Nigrán











Galería de fotos

Para visualizar as imaxes, pon o rato sobre as miniaturas da parte superior





As papeletas de votación de AXG-CUT


A Coruña


Preme na imaxe para ampliar

Ourense


Preme na imaxe para ampliar

Pontevedra

Preme na imaxe para ampliar

Lugo

Preme na imaxe para ampliar








As nosas iniciativas

29/05/2014

Preme na imaxe para ampliar


El nuevo colectivo Alternativas na Xustiza Galega celebró hoy una asamblea en los juzgados de Vigo para presentar su proyecto a los funcionarios y animar a los trabajadores a afiliarse. Formado por funcionarios de las cuatro provincias gallegas, entre ellos delegados de varias juntas de personal, su objetivo es "ser una herramienta de reivindicación y recuperación" de los derechos de los trabajadores, la defensa del servicio público de la Administración de Justicia y mostrar su oposición a reformas legislativas en marcha.









Expurgo



Preme na imaxe para ampliar


03/04/2014. Más de medio centenar de funcionarios asistieron ayer a una asamblea convocada por Alternativas da Xustiza donde se decidió iniciar una recogida de firmas entre los trabajadores judiciales solicitando un equipo de refuerzo dedicado al expurgo de los archivos o prolongaciones de jornada voluntarias y retribuidas.


A Coruña: 06/04/2014. La Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza puso en marcha en algunas unidades de Galicia labores de limpieza con el objetivo de destruir los documentos innecesarios. El vocal en Galicia de Alternativas da Xustiza, Pablo Valeiras, asegura que es "necesario" realizar las tareas de expurgo, pero critica cómo se ejecutan. El representante sindical denuncia que el secretario coordinador ordena a los funcionarios que dediquen una hora al día a documentar a través de internet cada uno de los expedientes que tienen en su juzgado.

"Se reduce una hora diaria el tiempo que debería emplearse en la tramitación de los expedientes y, por lo tanto, se resta una hora al servicio público de Justicia. Todo esto va en perjuicio de los ciudadanos, ya que retrasa aún más los procesos judiciales", subraya Valeiras, al tiempo que propone la creación de equipos de trabajo formados para realizar las tareas y funciones derivadas de la informatización de los archivos. Además, Alternativas da Xustiza insta al Ejecutivo autonómico a dar la posibilidad a los funcionarios de formar parte de estos equipos "de forma voluntaria y retribuida con la prolongación de sus jornadas laborales".









Arquivos xudiciais



13/04/2014

Preme na imaxe para ampliar


13/08/2014

Preme na imaxe para ampliar


13/08/2014. Expedientes y armas u otros objetos intervenidos en causas criminales amontonados en habitaciones, aseos de las sedes judiciales usados como archivo improvisado, pasillos públicos y descansillos de escaleras llenos de documentación, archivos totalmente estropeados por falta de espacio o por inundaciones, mesas de funcionarios rodeadas de montañas de documentación prescrita o innecesaria por carecer de otro espacio donde guardarla... Estos son algunos de los ejemplos que el colectivo sindical Alternativas na Xustiza-CUT (AX-CUT) utiliza para denunciar el colapso y el estado de abandono de los archivos judiciales en Galicia.

La plataforma, ante la quejas recibidas por funcionarios judiciales, considera "imprescindible" que se contrate "ya sea por alquiler, por compra o en alguna que ya tenga la Adminsitración" de una nave industrial donde trasladar todas las piezas de convicción -elementos intervenidos en causas usados para cometer el delito, que lo prueben o tengan relación con él-y todos los procedimientos, "y en ella poder hacer el trabajo de documentación y destrucción"-expurgo- de los que no tengan valor.


Preme na imaxe para ampliar

Preme na imaxe para ampliar









Contra a supresión dos partidos xudiciais



Preme na imaxe para ampliar


Levamos dous anos mobilizándonos contra a Lei de taxas, o proxecto de Lei do Aborto, o proxecto de Lei de Seguridade cidadá, a reforma do Código Penal, a reforma do Rexistro Civil e o anteproxecto de Lei orgánica do Poder Xudicial, porque supoñen:

- Un atentado contra a xustiza de proximidade: A eliminación dos Xulgados de Paz provocará que a Xustiza de proximidade desapareza.

- Un afastamento da xustiza da cidadanía.

- Un ataque á independencia xudicial: A reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial e da Lei orgánica do Poder Xudicial, onde se establece a xurisprudencia vinculante do Tribunal Supremo, é un ataque á independencia xudicial. Inténtanse impoñer estruturas xerarquizadas na administración de Xustiza, ao xeito da Fiscalía, onde o Fiscal Xeral manda e o resto, acata.

- Un encarecemento da xustiza: A lei de taxas, obriga aos cidadáns a pagar por reclamar un dereito, chegando a ter que valorar se é rendible facer valer o seu dereito. A lei de asistencia xurídica gratuíta, que limita o uso da mesma, provocará que moitos cidadán non poidan utilizar o Servizo Público da Xustiza. A desaparición de todos os partidos xudiciais e a concentración de todos os xulgados nunha única sede provincial suporá un aumento dos gastos do cidadán para poder acceder á xustiza.

- A derrogación, de facto, da tutela xudicial efectiva, recollida na Constitución, xa que coa Lei de Taxas moitos cidadáns non poderán utilizar o Servizo Público da Xustiza por falta de medios económicos.

- Unha mordaza para a liberdade a opinar, protestar ou disentir: A reforma do Código Penal e da lei de Seguridade Cidadá supoñen que, por exemplo, un cidadán poderá ser multado pola simple participación nunha manifestación.

- A privatización do Rexistro Civil: Porque os cidadáns terán que pagar por trámites até o de agora gratuítos, como a expedición de certificados de defunción, duplicados do libros de familia…, e ese diñeiro irá á conta bancaria privada dun rexistrador da propiedade ou mercantil.

Porque dende Alternativas loitamos e loitaremos contra este conxunto de reformas lexislativas que liquidan o estado de dereito piar básico de toda sociedade democrática, e porque dende Alternativas nos opoñemos á concentración de todos os xulgados NUNHA ÚNICA SEDE PROVINCIAL









Demanda contra o decreto que regula as incapacidades temporais



Preme na imaxe para ampliar


Como xa vos explicamos AXG-CUT recorreu no TSXG, en vez de vender seguros, o decreto polo que se regulan os descontos por estar de baixa laboral.

Na sentenza o Tribunal condenou a AXG-CUT a 1500€ de costas e confirmou o seguinte:

o Que Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995: Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela........E así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obrigatoria segundo o Ministerio de Sanidade.

OS FUNCIONARIOS DA ADM. DE XUSTIZA DE GALICIA (Auxilios, Tramitadores, Xestores e Médicos Forenses) por esas mesmas enfermidades sufrimos un desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30/50€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15/25€ aprox).

- Que Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica e polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida

O RESTO DE FUNCIONARIAS nestas mesmas situacións TEMOS un desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30/50€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15/25€ aprox).

- Que Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por procesos oncolóxicos.

O RESTO DE FUNCIONARIOS TEMOS un desconto se o proceso oncolóxico non leva consigo TRATAMENTO.

- Mentres os FUNCIONARIOS DE XUSTIZA DE NAVARRA E ARAGÓN, CC.AA gobernadas polo P.P, TEÑEN a mesma regulación que Maxistrados e Fiscais.

OS FUNCIONARIOS GALEGOS NON TEMOS a mesma regulación e ESTAMOS DISCRIMINADOS, sendo os únicos responsables desa discriminación OS SRES, NUÑEZ FEIJOO E ALFONSO RUEDA.

Unha vez finalizada a vía xudicial os traballadores debemos comezar unha campaña de mobilizacións sostidas no tempo que obriguen o goberno de Nuñez Feijoo a

derrogar o decreto polo que se crean clases sociais sanitarias, Maxistrados e Fiscais por un lado, e Médicos Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilios por outro.









Contra a privatización do Rexistro Civil



07/07/2014

Preme na imaxe para ampliar


2015

Preme na imaxe para ampliar

Preme na imaxe para ampliar












As nosas guías



Preme na imaxe para ampliar