AS NOSAS PROPOSTAS


A crise-estafa foi a escusa que utilizou o Goberno para criminalizar os funcionarios públicos e para empeorar as súas condicións de traballo. O noso obxectivo permanente será recuperar os dereitos roubados e avanzar na mellora das condicións laborais e retributivas do funcionariado da administración de Xustiza.

Retribucións e dereitos laborais

Retribucións

Eliminación da conxelación salarial das nosas retribucións e recuperación do poder adquisitivo perdido.

Aboamento de oficio da paga extra do 2012 e recuperación do 100% do Complemento autonómico transitorio (CAT).

Ler máis...



Incapacidades - Enfermidades profesionais

Modificación do Decreto que regula as incapacidades temporais e aboamento do 100% das retribucións durante as baixas laborais. Como mínimo igual regulación que xuíces e fiscais.

Promoveremos o recoñecemento das enfermidades do traballo e a súa equiparación coas enfermidades profesionais.

Ler máis...



Substitucións - Comisións de servizo

Negociación dunha nova Orde que regule as substitucións e que garanta o cobramento do 100% das retribucións correspondentes ao corpo e órgano xudicial no que se realiza a substitución. A igual traballo, igual retribución.

Ler máis...



Quendas de Auxilios xudiciais

As quendas deberán ser retribuídas por atribución feita e serán utilizadas só para cubrir ausencias de, como máximo, 5 días..

Reivindicaremos a creación de prazas e auxilio xudicial nos servizos de apoio, co fin de cubrir as vacacións e ausencias dos compañeiros e compañeiras do corpo de Auxilio, cando non proceda o nomeamento de persoal interino.



Gardas - Xornadas en días non laborables

Gardas de 24 horas nos xulgados de instrución de Vigo e A Coruña. Redución das gardas de permanencia de 8 a 3 días para garantir horarios e tempos de descanso. Compensación cun día de libranza das xornadas de traballo realizadas en día non laborable ou das gardas de dispoñibilidade en caso de eleccións (xurisdición contenciosa) ou outras actuacións urxentes



Fiscalías

Os procesos de acoplamento derivados da implantación da nova oficina fiscal non poderán supor redución ningunha nas retribucións. Inclusión nos concursos ordinarios dos postos de libre designación. Renegociacion das RPT en función do aumento da carga de traballo. Ao igual que en calquera outro órgano xudicial, conversión dos reforzos en cadros de persoal estrutural.



IMELGA - Médicos forenses

Gardas de 24 horas. Recoñecemento de enfermidades profesionais. Complementos de nocturnidade, perigosidade, toxicidade e penosidade. Creación, con carácter permanente, de equipos psicosociais en todos os centros de traballo do IMELGA

Ler máis...



Interinas/os

Actualización anual das bolsas de interinos para avaliar os novos méritos que durante ese período poidan acreditar os integrantes das distintas bolsas.

Ler máis...



Formación

A axeitada formación dos empregados públicos é a base para ofrecer servizos de calidade ao cidadán, polo que a formación debe de ser un obxectivo estratéxico. Pero, en vez dunha repetición constante de modelos e programas, a formación esixe estar permanentemente atento ás necesidades e demandas do colectivo. Por iso, neste apartado distinguiríamos as seguintes categorías: Formación derivada da implantación de novos medios e tecnoloxías, actualización de coñecementos derivada da publicación de novas leis e cursos de reciclaxe e promoción.

A formación será previa ou simultánea á implantación das novas tecnoloxías ou publicación de novas leis

Ler máis...



Acción Social

Un dos dereitos fortemente afectados polos recortes da estafa-crise foron os programas de Acción Social. Solicitaremos a recuperación de todos os programas e o seu financiamento do 1% da masa salarial.



Postulación procesual e custas

Resulta absolutamente necesaria a modificación da Lei reguladora da xurisdición contencioso administrativa para eliminar a necesidade de postulación procesual a través de avogado e a imposición de custas en caso de desestimación da demanda.

Ler máis...






Saúde laboral e condicións de traballo

Saúde laboral - Edificios xudiciais

Promoveremos a posta en marcha de plans de emerxencia en todos os edificios xudiciais e a posta en marcha de plans de actuación en materia de prevención de riscos laborais e o seu cumprimento como forma de previr as enfermidades do traballo e as enfermidades e accidentes laborais.






Conciliación da vida familiar e laboral

Conciliación. Horario. Permisos

Defenderemos unha regulación de permisos encamiñada a unha verdadeira conciliación da vida persoal e familiar. Neste sentido propoñeremos:
- Eliminación das porcentaxes ríxidas de redución de xornada po razóns de garda legal.
-Posibilidade de acumular a redución en varias xornadas completas.
- Cobertura das horas non traballadas nin remuneradas nas reducións de xornada por prolongacións de xornada voluntarias dos compañeiros.
- Nos casos de enfermidade moi grave ou gran dependencia de persoa que conviva con funcionario, posibilidadde de realización de parte da xornada no domicilio sen reducción de haberes.

As prolongacións de xornada durante o verán e a xornada reducida consistirán en realizar media hora máis diaria en cómputo mensual.

Compensación por horas habilitadas. Defenderemos o dereito do traballador a compensar as horas habilitadas por días de libranza ou por flexibilización horaría á súa elección.






Emprego público e carreira profesional

Oposicións - Promoción interna

Convocatoria anual da oferta de emprego público, con inclusión de todas as prazas e reserva do 50% para promoción interna. Supresión do carácter selectivo do curso teórico-práctico.






En defensa do servizo público da Xustiza

Rexistro Civil

Continuaremos reivindicando e mobilizándonos para que o Rexistro Civil, público, gratuíto e electrónico, se manteña dentro da administración de Xustiza e atendido por funcionarios de Xustiza, como uhna garantía de imparcialidade, profesionaldiade e proximidade á cidadanía.

Ler máis...



Xulgados de paz

A municipalización da xustiza de paz, como resultado da aplicación no seu momento da Lei de Planta, está a colocar a estes xulgados nunha situación moi difícil en canto a poder dispoñer dos medios materiais precisos para o desenvolvemento do seu traballo. Aínda hoxe son moitos os concellos que seguen sen facilitar aos xulgados de paz aqueles elementos mínimos e imprescindibles para o exercicio da súa función, por iso consideramos que a Xunta de Galicia debe de asumir, en colaboración cos concellos, o mantemento, en canto a medios materiais, dos devanditos xulgados



Nova Oficina Xudicial - Expediente electrónico

Sen prexuízo de negociar a posible implantación da Nova Oficina Xudicial, consideramos imprescindible que, con carácter previo, se dispoña dos medios necesarios, materiais, informáticos e persoais, para a implantación e funcionamento correcto do expediente xudicial electrónico



Creación de novas unidades xudiciais

Ante o colapso dos xulgados nalgunhas cidades e xurisdicións, especialmente na penal e social, resulta imprescindible a creación de novos xulgados. De forma inmediata deberían poñerse en funcionamento novos xulgados en Vilagarcía, A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo, entre outros, e que a crise-estafa parou.

Proporemos tamén a creación de oficinas xudiciais nos centros penitenciarios, como se ten feito noutras Comunidades (Aragón, Extremadura, ...) con resultados moi satisfactorios



Unidades administrativas - Arquivos - Expurgo

Posta en marcha das unidades administrativas e oficinas de arquivo e depósito de pezas de convicción. Creación de equipos de expurgo. Informatización dos arquivos

Ler máis...



Normalización lingüística

Instalación de programas informáticos para garantir o dereito de todo cidadán a usar nas súas relacións coa administración de Xustiza calquera dos idiomas cooficiais, galego ou castelán, dereito que na actualidade resulta ilusorio ao non se dispoñer nin de programas informáticos nin de formularios en galego.

Convocatoria inmediata de cursos online de linguaxe administrativa galega














OS NOSOS COMPROMISOS


A elección como delegadas e delegados supón a asunción dun compromiso con todos os compañeiros non só de representación nas Xuntas de Persoal e nas Mesas de Negociación, senón tamén de información, asesoramento, consulta e defensa

Información e transparencia

As delegadas e os delegados de Alternativas asumimos o compromiso de dar conta periodicamente, a través de asembleas ou de visitas aos centros, da nosa xestión e, se é o caso, do desenvolvemento das negociacións.




Participación e democracia

As delegadas e os delegados de Alterntivas asumimos o compromiso de convocar asembleas consultivas para recoller a opinión dos compañeiros antes de asinar calquera acordo coa Administración e potenciaremos os mecanismos de participación na toma de decisións a través das consultas e referendos, con pleno acatamento do seu resultado.



Negociacións e acordos claros e transparentes

As delegadas e os delegados de Alternativas asumimos o compromiso de actuar con total transparencia nas negociacións e esixiremos a máxima publicidade dos acordos que se alcancen nas mesas de negociación.




Revogabilidade dos cargos

As delegados e os delegados de Alternativas asumimos que os nosos mandatos representativos poderán ser revogados a instancia da maioría dos compañeiros en caso de incumprimento das nosas obrigas e compromisos.











CANDIDATURAS



A Coruña

Preme na imaxe para ampliar



1. MIGUEL A. FERREIRO VAZQUEZ

Rexistro Civil – A Coruña

2. J. JAIME MEILÁN ROIS

Xdo. Contencioso nº 2 – A Coruña

3. ANA GÁLVEZ MARQUINA

Oficina de atención ao cidadán e á vítima – Santiago

4. MARÍA JESUS OTERO RODRÍGUEZ

Xdo. 1ª Instancia nº 10. Familia – A Coruña




5. MARÍA DEL CARMEN GÓNZALEZ ABADÍN

Rexistro Civil – A Coruña

6. Mª BEGOÑA BRAÑAS ABRAIRA

Xdo. Penal nº 6 – A Coruña

7. SOCORRO BERMÚDEZ GONZÁLEZ

Rexistro Civil – A Coruña

8. MANUEL A. LOSADA DÍAZ

Xdo. de Paz - Fene

9. M. CARMEN RODRÍGUEZ RÍOS

Xdo. Penal nº 5 – A Coruña

10. MIGUEL RODRÍGUEZ VENTÍN

Xdo. de Paz da Baña

11. MARGARITA Mª. SANZ MARCOS

Rexistro Civil – A Coruña

12. AGUSTÍN FERNÁNDEZ SOBRINO

Xdo. Penal nº 4 – A Coruña

13. JAVIER FERNÁNDEZ CASTRO

Xdo. Penal nº 6 – A Coruña

14. ÓSCAR AMOR LÓPEZ

Xdo. Penal nº 4 – A Coruña

15. ROSA SUEIRO MORENO

Xdo. Mixto - Negreira

16. MANUELA MUÑOZ PALACIOS

Rexistro Civil – A Coruña

17. MARÍA CARTELLE VICENTE

Xdo. Penal nº 1 - Santiago

18. ESPERANZA BALBOA GALLEGO

Rexistro Civil – A Coruña

19. SONIA Mª SEXTO VIQUEIRA

Fiscalía – A Coruña

20. MARÍA JOSÉ LÓPEZ ANSEDE

Xdo. Instrución nº 1 – A Coruña

21. JOSÉ M. GONZÁLEZ IGLESIAS

Xdo. Instrución nº 5 – A Coruña

22. JUAN JESÚS DOMÍNGUEZ ALONSO

Rexistro Civil – A Coruña

23. TERESA DANOZ GONZALEZ

Xdo. Penal nº 5 – A Coruña

24. ISABEL ALBALADEJO HERNÁNDEZ

Decanato – A Coruña

25. MANUEL NÚÑEZ EXPOSITO

Xdo. Penal nº 4 - A Coruña

26. ETELVINO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

Rexistro Civil – A Coruña

27. Mª FLOR RODRÍGUEZ ABUÍN

Xdo. Mixto nº 3 - Ribeira

28. HELENA PINTO BLANCO

Xdo. Violencia sobre a muller – A Coruña

29. Mª DEL ROSARIO GARCÍA VILLAGRÁ

Rexistro Civil – A Coruña

30. JUAN BONIGNO PAIS

Xdo. 1ª Instancia nº 2 – A Coruña

31. ROSA Mª BOUZAS REY

Xdo. 1ª Instancia nº 2 – A Coruña








Ourense

Preme na imaxe para ampliar



1. NURIA FORNOS FERNÁNDEZ

Xdo. Penal nº 1 - Ourense

2. FLORES ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ

Xdo. 1ª Instancia nº 5 - Ourense

3. Mª PLACER LÓPEZ ANTÚNEZ

Xdo. Mixto - Celanova

4. JOSEFA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ

Xdo. Mixto nº 1 – O Carballiño




5. PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Xdo. Instrución nº 1 - Ourense

6. Mª DEL MAR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

Xdo. Instrución nº 3 - Ourense

7. Mª DOLORES TRIGO CASAL

Xdo. 1ª Instancia nº 2 - Ourense

8. Mª AMPARO CASTEDO FERNÁNDEZ

Xdo. Mixto nº 2 – O Barco de Valdeorras

9. MARTA NOVOA PARDO

Xdo. Mixto nº 1 – O Carballiño

10. AMADEO SELAS VILLANUEVA

Xdo. Mixto nº 2 – O Barco de Valdeorras

11. MARÍA CASAS CERDEIRA

Xdo. Mixto nº 2 – O Carballiño

12. JUSTO MANUEL VILA MOVILLA

Xdo. Instrución nº 1 - Ourense










Lugo

Preme na imaxe



1. FRANCISCO JOSÉ FRANCO MANSO

Decanato - Lugo

2. MARÍA DEL CARMEN ISASI VARELA

Xdo. Social nº 1 - Lugo

3. JOSÉ LUIS CEREIJO ROCA

Xdo. 1ª Instancia nº 2 - Lugo

4. ÓSCAR ANTONIO RODRÍGUEZ GARCÍA

Xdo. 1º Instancia nº 2 - Lugo




5. MARÍA JOSEFA RODRÍGUEZ DÍAZ

Xdo. de Paz - Begonte

6. JUANA MARÍA LÓPEZ GÓMEZ

IMELGA - Lugo

7. JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ CARBALLEDA

Xdo. Mixto nº 2 - Monforte

8. ANTONIO RAMOS SOTO

Xdo. de Paz - Burela

9. ÁNGELA PAMPÍN VÁZQUEZ

Decanato. Serv. Com. Noti. e Emb. - Lugo

10. JOSÉ RAFAEL BRAÑA BLANCO

Xdo. de Paz - Burela

11. MARÍA CRISTINA FORNEAS DÍAZ

Xdo. 1ª Instancia nº 2 - Lugo

12. MARÍA JOSEFA BESTEIRO ARES

Xdo. Social nº 2 - Lugo

13. MARÍA ENCARNACIÓN LAGARÓN RON

Xd. 1ª Instancia nº 2 - Lugo

14. BEGOÑA IGLESIAS ARES

Rexistro Civil - Lugo








Pontevedra

Preme na imaxe para ampliar



1. PABLO VALEIRAS RÍOS

Xdo. Instrución nº 8 - Vigo

2. LOLA FILGUEIRA FARTO

Xdo. Social nº 1 - Pontevedra

3. MARÍA MERCEDES VÁZQUEZ PIÑEIRO

Decanato. Atención cidadán e vítima - Vigo

4. ANTONIO OBENZA IGLESIAS

Decanato - Ponteareas




5. MARGARITA LARRAMENDI HERMIDA

Xdo. Mixto nº 1 - Tui

6. MARTA GIL FURELOS

Xdo. 1ª Instancia nº 9 – Vigo

7. CARMEN VILAR COUSIÑO

Xdo. Penal nº 1 - Vigo

8. JAIME FERNÁNDEZ MOURE

Xdo. Social nº 5 - Vigo

9. MARTA GONZÁLEZ RAMILO

Xdo. Penal nº 1 - Vigo

10. AMADEO LOPEZ COBAS

Xdo. Instrución nº 7 - Vigo

11. OLGA CORTÉS FONTÁN

Xdo. Mercantil nº 2 – Pontevedra

12. MARIOLA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

Xdo. Social nº 2 - Pontevedra

13. ANA ANTEPAZO FERRAL

Xdo. Mixto nº 2 - Cangas

14. ANA MARÍA ÁLVAREZ MONTEAGUDO

Xdo. Mixto nº 2 – Caldas de Reis

15. CRISTINA DIOS GUILLÉN

Xdo. Contencioso nº 1 - Vigo

16. BELÉN COLLAZO PARADA

Xdo. Instrución nº 8 - Vigo

17. MARÍA ROSARIO DE BLAS MESÓN

Xdo. Mixto nº 2 - Vilagarcía

18. BEGOÑA IGLESIAS SOTELO

Xdo. 1ª Instancia nº 13 – Vigo

19. RAFAEL ALDEANUEVA POTEL

Servizo Común Notificacións e Embargos - Pontevedra

20. LUCIANA ÁLVAREZ DIÑEIRO

Xdo. de Paz – A Cañiza

21. MARÍA DOLORES ESTÉVEZ LAGO

Xdo. Mixto nº 1 - Cangas

22. BEGOÑA VÁZQUEZ PIÑEIRO

Rexistro Civil - Vigo

23. BEATRIZ COUTO GÓMEZ

Xdo. 1ª Instancia nº 2 - Vigo

24. DALILA TORRES PIÑEIRO

Rexistro Civil - Pontevedra

25. DORITA GALLEGO ESTÉVEZ

Xdo. Mixto nº 1 - Tui

26. ESTRELLA DEL PILAR GARRIDO ALONSO

Xdo. Mixto nº 1 - Porriño

27. ANTONIO VILA GONZÁLEZ

Xdo. Instrución nº 1 - Pontevedra

28. MARÍA ESTRELLA GONZÁLEZ PENEDO

Xdo. Mixto nº 2 - Lalín

29. MARÍA DOLORES POLA RODRÍGUEZ

Xdo. Mixto nº 3 - Cangas

30. CRISTINA RODRÍGUEZ SALGADO

Xdo. Mixto nº 1 - Vilagarcía

31. MARISOL GONZÁLEZ CONS

Aud. Prov. Sección 4ª - Pontevedra

32. ROSA M. VEIGA OGANDO

Xdo. Instrución nº 7 - Vigo

33. JUAN CARLOS PÉREZ IGLESIAS

Xdo. de Paz - Valga

34. MARÍA PAZ RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Xdo. Social nº 4 - Vigo

35. BEATRIZ DE BUSTO JORGE

Rexistro Civil - Vigo

36. MARÍA MERCEDES OBENZA IGLESIAS

Xdo. Mixto nº 2 - Marín

37. NURIA RODRÍGUEZ DÍAZ

Xdo. 1ª Instancia nº 5. Familia - Vigo

38. ROSA ELENA DOMÍNGUEZ GARCÍA-FUENTE

Xdo. de Paz – Salvaterra

39. MARÍA JESÚS FIJOO CID

Xdo. Social nº 3 – Vigo

40. MARÍA CRUZ RODRÍGUEZ RUÍZ

Xdo. Instrucción nº 3 – Vigo

41. MODESTA MARÍA RIAL VÁZQUEZ

Xdo. de Paz - Nigrán











Galería de fotos

Para visualizar as imaxes, pon o rato sobre as miniaturas da parte superior





As papeletas de votación de AXG-CUT


A Coruña


Preme na imaxe para ampliar

Ourense


Preme na imaxe para ampliar

Pontevedra

Preme na imaxe para ampliar

Lugo

Preme na imaxe para ampliar








Eleccións sindicais 2015: Resultados provisionais

sábado, 20 de xuño de 2015





Logo das eleccións do día 18 de xuño, Alternativas na Xustiza-Cut ven de convertirse na segunda forza sindical dos traballadores da Administración de Xustiza en Galiza.

Grazas a todos os que participastes nestas eleccións, e en especial a todos os que depositastes en nos a vosa confianza.



Eleccións sindicais: Permisos para votar

luns, 15 de xuño de 2015


No Diario Oficial de Galicia número 111, do 15 de xuño de 2015, publícase a Resolución do 25 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar os electores a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 18 de xuño.


Ligazón


Texto

De conformidade co establecido nos artigos 474 e 503 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, así como na Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas, e mais no Real decreto 1846/1994, do 9 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de eleccións a órganos de representación do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado; e no exercicio das competencias previstas no artigo 15 do Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dítanse as seguintes instrucións:

Primeiro. Para a elección de órganos de representación do persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza, os funcionarios exercerán o seu dereito ao voto o vindeiro día 18 de xuño nas mesas electorais correspondentes ao seu ámbito funcional e territorial, e disporán dun permiso retribuído polo tempo indispensable para exercer tal dereito na forma que se establece a seguir, agás os que exerzan o dereito ao voto por correo.

Aos funcionarios que gocen deste permiso poderalles ser exixida unha xustificación da efectividade do acto da votación, que para o efecto solicitarán da súa mesa electoral.

Segundo. Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada no mesmo local ou edificio onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

Terceiro. Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de tres horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

Cuarto. Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan.

Quinto. Os compoñentes das mesas e os interventores e apoderados das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015




Por que Alternativas na Xustiza-CUT?

luns, 8 de xuño de 2015




Por que Alternativas na Xustiza?


Alternativas na Xustiza galega nace a iniciativa dun grupo de funcionarias e funcionarios que, como integrantes da administración de Xustiza, consideramos necesario manter una actitude activa e reivindicativa na defensa dos nosos dereitos, dende a convicción de que non son concesións graciosas da Administración senón o resultado da presión e da mobilización.


Que é Alternativas na Xustiza galega-CUT?


Un sindicato, confederado coa Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), combativo e de clase, que desenvolve a súa actividade na defensa dos intereses de todos os traballadores e traballadoras de Galicia en xeral, e da administración de Xustiza en particular, e na defensa dos servizos públicos, e que pretende ofrecer propostas para  a mellora das nosas condicións de traballo e alternativas para unha administración de Xustiza entendida como un verdadeiro servizo público dentro dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria.


No mes de maio de 2014, Alternativas na Xustiza galega (AXG) asinou un protocolo de confederación coa Central Unitaria de Traballadores/as-CUT no que se recolle expresamente a denominación de Alternativas na Xustiza-CUT, o logotipo e a plena autonomía de Alternativas no desenvolvemento da acción sindical na administración de Xustiza.

Así, disponse:





Cuarto.- Acción sindical na Administración de Xustiza.

O establecemento dos principios de acción sindical a desenvolver no ámbito da administración de Xustiza, e dos acordos para levala a cabo, corresponderá exclusivamente aos órganos dos que se dote AXG, con plena autonomía para a toma de decisións.

[...] En calquera caso a CUT renuncia expresamente o exercicio de veto, inxerencia ou suplantación dos acordos acadados soberana e autonomamente pola estructura da AXG, xa que se contradiría co esprito de integración e confianza establecido no presente Protocolo.

Quinto.- Financiamento da acción sindical de AXG.

Para o desenvolvemento da acción sindical de AXG, en especial pola dispersión de centros de traballo, trimestralmente elaborarase un presuposto para cubrir os gastos de desprazamento e outras necesidades da organización, como campañas, edición de publicacións e blogues, etc.

Sexto.- Desde a mesma sinatura do presente Protocolo todos os afiliados e afiliadas da AXG terán os dereitos de asesoría xurídica, uso dos locais sindicais de A Coruña, Compostela, Ribeira, Cangas e Vigo, así como a defensa e apoio do conxunto da central sindical.

Ao corresponder á xurisdición contencioso administrativa a resolución dos conflitos que poidan xurdir entre os traballadores e traballadoras e a Administración, e dada a especificidade e complexidade desta xurisdición, AXG e a CUT buscarán as fórmulas que posibiliten contar co asesoramento de letrados especialistas nesta xurisdición, ben mediante a fórmula de colaboración ou arrendamento de servizos ou pola liberación, de ser posible, de afiliados e afiliadas.

[...] Identidade corporativa. Nas súas comunicacións, campañas, blogues, contas en redes sociais, etc., AXG utilizará, xunto co seu logo, o da CUT e empregará a denominación Alternativas-CUT ou Alternativas Xustiza-CUT.






A CUT volve gañar as eleccións na CRTVG

sábado, 6 de xuño de 2015

A CUT gañou, tal e como xa fixo hai catro anos, as eleccións celebradas este xoves na CRTVG. Terá seis representantes nun comité de empresa no que tamén estarán representados outros catro sindicatos; CIG, CCOO, USO e UXT.

A CUT, que actualmente preside este órgano, obtivo 171 votos. Tres sindicatos empatan a catro representantes. Son a CIG, CCOO e USO que obtiveron 117, 116 e 113 votos, respectivamente. Pola súa banda, UXT queda con tres tras acadar 89 papeletas.

Nestes comicios, e a diferencia dos celebrados en 2011, non obtivo representación o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), que tiña un membro no comité e que este ano non se presentou ás eleccións. Tampouco a Agrupación de Traballadores da Radio. E é que estas son as primeiras eleccións que se celebran conxuntamente tras a fusión nun único ente da CRTVG, a TVG e a RG.


No seguinte enlace podes consultar o programa:

http://www.xente.mundo-r.com/cut




O luns 4 de maio celebráronse nas delegacións da TVG-RG de Lugo e Ourense as votacións para elixir un representante sindical en cada centro de traballo.

As candidaturas da CUT foron tamén desta volta as máis votadas, polo que Javier Corral, redactor da TVG-Lugo e Laura Álvarez, redactora en Ourense, repiten no cargo de representantes de persoal durante os vindeiros catro anos.

Estes foron os resultados das votacións.

LUGO: 19 electores

18 votos emitidos

9 votos a favor da CUT

6 a favor da CIG

3 votos en branco

OURENSE: 22 electores

19 votos emitidos

19 votos a favor da CUT



Vídeo: Candidaturas

xoves, 4 de xuño de 2015









Sentímolo!!!!

mércores, 3 de xuño de 2015

Alternativas na Xustiza-CUT presenta candidaturas nas catro provincias de Galicia



A pesar do esforzo realizado por “algúns” para impedir as candidaturas de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT nas catro provincias, os traballadores participan e avalan de maneira activa as nosas candidaturas en toda Galicia.

Agora, utilizando cuestións meramente formais, estase a intentar impoñer unha determinada papeleta de votación -dende o nome ata o logo!!!-, obviando a lei de liberdade sindical. Todo con tal de crear confusión. Que temen?

Ante estas actitudes, dignas do antigo sindicalismo vertical de Franco, dende AXG-CUT só podemos dicir o seguinte:

- AXG-CUT estivo man a man cos traballadores CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL.

- AXG-CUT presentou recurso contencioso administrativo no TSXG contra os DESCONTOS POR ESTAR DE BAIXA (50% os 3 primeiros días, 25% del 4 al 20 día)

- AXG-CUT xunto cos traballadores de varias cidades denunciamos públicamente ante os medios de comunicación a situación dos Arquivos Xudiciais de toda Galicia.

- AXG-CUT apoiou aos traballadores, que conseguiron paralizar o intento da Administración de obrigalos a realizar o expurgo.

Estes son algúns dos motivos polos que os traballadores avalaron as nosas candidaturas. E estes son algúns dos motivos polos que outros nos temen.

O QUE NON MATA, FAI MÁIS FORTE




Eleccións sindicais 2015: Hai alternativas

martes, 2 de xuño de 2015



No proceso electoral para a renovación dos delegados das Xuntas de Persoal, Alternativas na Xustiza-Central Unitaria de Traballadores/as presenta candidaturas nas catro provincias.

Nesta páxina poderás informarte sobre o proceso electoral e consultar o programa electoral, as candidaturas e os compromisos que asumen as compañeiras e compañeiros que resulten elexidos nas nosas candidaturas e por medio do menú da parte superior da páxina poderás acceder a outros apartados con vídeos, galerías de imaxes e o cartaz e o díptico coas candidaturas.